App Xornadas
08/10/2026
Como novidade nesta edición, com persoa inscrita nas X Xornadas de Dereito de Familia de Galicia, poderá acceder á aplicación Eventos Avogacía do Consello da Avogacía Galega.
A través da app poderá consultar información actualizada sobre as Xornadas e contidos relacionados co evento.
Para solicitar o seu acceso, cubra o seguinte formulario. Unha vez recibida a súa solicitude e comprobada a súa inscrición nas Xornadas, o Consello da Avogacía Galega, como entidade coorganizadora, creará a súa conta de usuario na aplicación. Recibirá os seus datos de acceso e as indicacións necesarias para descargala nun correo remitido desde xornada@familia.gal.
Protección de datos
O Consello da Avogacía Galega tratará os datos que facilite neste formulario —nome, apelidos e enderezo de correo electrónico— coa finalidade de crear e xestionar a súa conta de usuario na súa aplicación de eventos e facilitarlle o acceso á información, documentación e demais contidos relacionados coas X Xornadas de Dereito de Familia de Galicia.
A base xurídica do tratamento é o seu consentimento, que outorga ao solicitar voluntariamente o acceso á aplicación.
Pode retirar o seu consentimento e exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade escribindo a consello@avogacia.gal ou a Consello da Avogacía Galega, Federico Tapia, 11, 1.º A, 15005 A Coruña.
Pode consultar información adicional sobre o tratamento dos seus datos na política de privacidade do Consello da Avogacía Galega.