Benvida

es Leer en castellano

noite

Os días 23 e 24 de outubro do 2026 celebrarase na Coruña (Galicia) a décima edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación ONCE (Cantón Grande, 3). Con aforo limitado e tamén con formato online, nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como o dereito do menor a ser escoitado, a incidencia da nova LO 1/2025, a protección xudicial das vítimas de violencia de xénero, os dereitos das persoas achegadas, a protección patrimonial das persoas dependentes e a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en asuntos de familia, discapacidade e filiación.

Nesta edición continuarase coa fórmula do foro aberto: un espazo no que se debatirán temas e cuestións formuladas previamente polos asistentes ás xornadas.