V Xornadas de Dereito de Familia – Programa

es Leer en castellano

Descargar programa

VENRES, DÍA 7 DE FEBREIRO

9:00 Recepción e entrega de credenciais

9:30 Apertura das Xornadas

10:00 Relatorio 1: “A xestión dos incumprimentos do réxime de coparentalidade: Relevancia da opinión dos fillos”

Relator: Pascual Ortuño Muñoz
Maxistrado e Presidente da Sección de Familia da Audiencia Provincial de Barcelona

11:30 Pausa café

12:00 Relatorio 2: “Aspectos tributarios das crises familiares”

Relator: Cesar García Novoa
Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela

14:00 Xantar libre

16:30 FORO ABERTO moderado por Fernando Hernández Espino, Representante de AEAFA: “Síndrome de Alienación Parental”. “Xestación Subrogada”. “O uso da vivenda familiar na custodia compartida e outras cuestións controvertidas en Dereito de Familia”

Interveñen:

  • María Dolores Lozano Ortiz, avogada e Presidenta AEAFA
  • Irene Culebras Llana, avogada. Doutora en Dereito
  • Balbino Ferreirós Pérez, maxistrado no Xulgado nº 10 de Familia na Coruña
  • Carmen García Pedreira, letrada da Administración de Xustiza no Xulgado nº 10 de Familia na Coruña

Os temas e preguntas a tratar no Foro serán enviados polos asistentes con antelación ao enderezo electrónico xornadas@familia.gal para seren debatidos en aberto.

18:30 Relatorio 3: “A autonomía da vontade e a protección da persoa”

Relator: Víctor Peón Rama
Notario

20:00 Fin da primeira xornada

SÁBADO, DÍA 8 DE FEBREIRO

10:00 Relatorio 4: “Análise da última xurisprudencia do Tribunal Supremo en materia de Dereito de Familia”

Relator: José Luis Seoane Spiegelberg
Maxistrado da Sección Primeira do Tribunal Supremo

11:45 Pausa café

12:15 Clausura das Xornadas

12:45 Relatorio 5: “A segunda oportunidade e a exoneración do pasivo insatisfeito. Unha ferramenta de utilidade para as familias”

Relator: Carlos Puigcerverg Asor
Maxistrado e Inspector Delegado no Consello Xeral do Poder Xudicial

14:15 Xantar, opcional.