A cidade de cristal

 

cidade

es Leer en castellano

A Coruña

A Coruña é a cidade elixida para celebrar as primeiras Xornadas de Dereito de Familia que a Avogacía convoca en Galicia

Situada no noroeste de Galicia e bañada polo océano Atlántico, nas rías Altas, é a capital da provincia galega da Coruña e a principal cidade da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. É a segunda cidade galega en poboación, despois de Vigo con 296.479 habitantes (2013)[3], xa que tiña 244.810 habitantes no ano 2014[3].

Capital de Galicia entre 1563 e 1981, é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia, da Forza Loxística Operativa e capital da III Rexión Militar Española.

aerea_espigon

 

É tamén a sede do Consello da Avogacía Galega, e, por suposto, do Colexio Provincial de Avogados da Coruña

O seu emprazamento é privilexiado, xa que se ergue sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da cidade espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: A Portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas.

Unha das características máis notables que identifican á Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX, que deron á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal[4], sen esquecer as súas numerosas praias, así como o contorno rural, que ofrece múltiples posibilidades de lecer.

ascensor

 

Máis información

Como chegar á Coruña?

Onde procurar aloxamento se se esgotan as reservas da organización?

Mapas e rutas

Museos na Coruña

Cousas que non che podes perder da Coruña

De compras pola Coruña

 

torre_de_hercules_oc