Benvida
08/09/2015Os días 4 e 5 de abril do 2025 celebrarase na Coruña (Galicia) a novena edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié. Con aforo limitado e tamén con formato online, nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como a nova Lei de Familia, as urxencias en Familia, a repercusión da globalización no Dereito de Familia, as pensións alimenticias, a violencia de xénero, o coidado de maiores e a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en asuntos de familia, discapacidade e filiación.
Nesta edición continuarase coa fórmula do foro aberto: un espazo no que se debatirán temas e cuestións formuladas previamente polos asistentes ás xornadas.