III Xornadas de Dereito de Familia – A sede

es Leer en castellano

 

A terceira edición das Xornadas de Dereito de Familia celebrouse na sede da Fundación Barrié na Coruña, Cantón Grande, 9. A Fundación Barrié é unha fundación patrimonial privada, xurdida da xenerosidade dunha persoa, o empresario e mecenas Pedro Barrié, e da dos seus continuadores.

Creada o 5 de novembro de 1966, a Fundación destinou os seus recursos a programas e proxectos dirixidos a impulsar o desenvolvemento sustentable de

Galicia, con especial impulso ás iniciativas vinculadas á educación e o fomento do talento. Declarada de interese galego pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia o 13 de xuño de 1986, ao longo dos seus cincuenta anos de historia a Fundación Barrié apoiou o desenvolvemento de Galicia en todos os ámbitos: creando infraestruturas educativas e de comunicación, sendo pioneira na introdución das tecnoloxías no ensino, editando obras de referencia no campo das humanidades e da economía, becando ao mellor talento do noso país coa vista posta no seu retorno, participando activamente na loita pola conservación do patrimonio.

A sede da Coruña abriu as súas portas en 1995 no corazón da Coruña, onde dispón de 8.000 metros cadrados distribuídos en espazos flexibles para reunións e conferencias, un auditorio con capacidade para 369 persoas e 1.000 metros cadrados de salas de exposición.

Referente da vida cultural e social da cidade da Coruña, a Fundación ocupa un edificio de liñas clásicas e veciño ao do Banco Pastor, no Cantón Grande da cidade, punto de encontro tradicional para coruñeses e visitantes.

 

Enderezo da sede da Fundación Barrié:

Cantón Grande, 9. 15003. A Coruña. Ver mapa.

 

Accesos:

Autobuses. Liñas 1, 1A, 2, 3, 3A, 4, 7, 17, 23 e 23A. Máis información da estación de autobuses da Coruña.