I Xornadas de Dereito de Familia – A sede

es Leer en castellano
As I Xornadas celebráronse na sede de Afundación. Nela desenvolvéronse o seis relatorios e a mesa redonda.

Abanca_fachada

O edificio está no centro da Coruña e é un proxecto do arquitecto británico Nicholas Grimshaw. Achega unha obra vangardista ao patrimonio arquitectónico da cidade e de Galicia e completa a fisonomía do Cantón Grande permitindo, grazas a un enorme corredor interior, que o propio inmoble funcione como vía de conexión entre a rúa da Estrela e os Cantóns. O seu deseño aseméllase á crista dunha onda mariña penetrándose nos Cantóns e rompendo nunha fachada de cristal retroiluminada; supón unha reinterpretación das características galerías da Mariña. Este edificio, xa coñecido como «A onda de cristal», combina dous materiais con gran plasticidade -o pétreo, de longa tradición na arquitectura galega, e o metálico-, outorgando protagonismo á luz cenital.

Concibido como centro sociocultural de referencia, nos seus 7692 m2, cunha orixinal e eficiente distribución, dispón de espazos equipados coa máis avanzada tecnoloxía para celebrar estas xornadas; ademais, o centro conta con cafetaría propia.

Abanca_sede2

O Royal Institute of British Architects (RIBA) concedeu en 2006 a esta construción uno dos premios European Awards, que distingue o traballo realizado por membros do RIBA en todo o mundo. Trátase dun edificio 100 % accesible e que conta coas certificacións ISO 14001 e EMAS.

Enderezo da sede de Afundación:

Cantón Grande, 8. 15003. A Coruña. Ver mapa.

Accesos:

Autobuses. Liñas 1, 1A, 2, 3, 3A, 4, 7, 17, 23 e 23A. Máis información da estación de autobuses da Coruña.