Benvida
08/09/2015Os días 12 e 13 de abril do 2024 celebrarase na Coruña (Galicia) a oitava edición das Xornadas de Dereito de Familia, organizadas polo Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Estas xornadas, que supoñen un punto de encontro para os profesionais que se dedican ao dereito de familia, celebraranse na Fundación Barrié. Con aforo limitado e tamén con formato online, nelas daranse cita prestixiosos xuristas para abordar cuestións de máxima actualidade relativas ao ámbito da familia tales como as crises matrimoniais e sucesións, a liquidación do réxime económico matrimonial e vivenda familiar no concurso, a coñecida como Lei Trans, a intelixencia artificial no Dereito de Familia e a análise da xurisprudencia máis recente do Tribunal Supremo en asuntos de familia, discapacidade e filiación.
Nesta edición continuarase coa fórmula do foro aberto: un espazo no que se debatirán temas e cuestións formuladas previamente polos asistentes ás xornadas.